Certame Letras Galegas 2019 en Abegondo

20 Mai 2019

O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2019

Categorías:
Infantil
- 1º, 2º e 3º premio de Debuxo e Pintura
Os premios na categoría infantil consistirán en lotes de libros en galego.
Primaria
- 1º e 2º premio de Narrativa
- 1º e 2º Premio de Poesía
Os premios na categoría primaria consistirán en lotes de libros en galego.
Secundaria e menores de 18 anos
- 1º e 2º premio de Narrativa
- 1º e 2º Premio de Poesía
Os 1º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en teléfonos móbiles.
Os 2º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en altofalantes portátiles.
Adultos
- 1º premio de Narrativa
- 1º premio de Poesía
Os premios na categoría adultos estarán dotados cun premio económico de 150 € cada un.

Premio #AbegondoEnGalego
Trátase dun concurso nas redes sociais, polo que poderán participar persoas usuarias das redes sociais Facebook, Instagram
e Twitter de 14 anos ou máis. Os/As participantes deberán seguir a páxina do Concello de Abegondo en Facebook
(Concello de Abegondo/Ayuntamiento de Abegondo) Instagram (@concelloabegondo) ou Twitter (@abegondo) e subir a unha das ditas redes sociais municipais unha fotografía tomada en Abegondo xunto cun lema que poña en valor a lingua galega
ou a literatura galega. Etiquetarase co cancelo #AbegondoEnGalego para identificala.

Premio especial audiovisual de promoción do galego
Nesta categoría poderán participar todas as idades. Serán admitidas gravacións audiovisuais que enxalcen ou estean relacionados coa promoción da lingua. Valorarase a orixinalidade, contido didáctico e valor cultural e antropolóxico.
O premio especial audiovisual consistirá nunha tableta electrónica.

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos. As narracións e poesías deberán estar escritas en lingua galega. Nos debuxos e pinturas, no caso de levar algún texto, este deberá estar redactado en lingua galega. A lingua utilizada nos  traballos da categoría #AbegondoEnGalego e da categoría audiovisual será o galego.
Os traballos serán remitidos ao Servizo de Normalización Lingüística ou ao departamento de Cultura do Concello de Abegondo. Poderán ser entregados persoalmente na Casa do Concello, na Biblioteca e na Aula Lúdica, así como por correo postal no enderezo San Marcos, 1 - 15318 Abegondo ou por correo electrónico no enderezo cultura@abegondo.es.
Todos os participantes indicarán xunto co traballo o seu nome e apelidos, domicilio, idade e teléfono de contacto. Nas categorías infantil, primaria e secundaria indicarán ademais os estudos que cursan e o centro de estudos. Na categoría
adultos os participantes entregarán tamén unha copia do DNI.

O prazo para presentar os traballos está aberto ata o día 28 de xuño de 2019.

Máis información no BOP da Coruña do 20 de maio de 2019