Bolsas en producións e mercados agrarios e gandeiros

14 Mai 2019

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca 10 bolsas de formación práctica, para titulados universitarios en Enxeñería Agronómica, Enxeñería Técnica Agrícola, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Matemáticas, Estatística, Informática, Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Socioloxía, Publicidade, Relacións Públicas, Xornalismo, Química, Bioloxía, Bioquímica ou Farmacia.

Dúas bolsas en cada unha das seguintes áreas de coñecemento:
a) Ordenación e fomento da produción gandeira.
b) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de froitas e hortalizas, plantas vivas e  vitivinicultura.
c) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de cultivos  herbáceos e industriais e Aceite de Oliva.
d) Medios de produción gandeiros.
e) Medios de produción agrícolas e variedades vexetais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xuño de 2019
Máis información no BOE do 14 de maio