Bolsa de formación en biblioteconomía e documentación no Tribunal Constitucional

09 Mai 2019

O Tribunal Constitucional convoca unha bolsa de formación en biblioteconomía e documentación.
A bolsa ten por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das  monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.

Requisitos:
- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos: licenciado, graduado, master ou doutor en Biblioteconomía e Documentación ou análoga, ou ben un título doutro país que acredite unha formación equivalente.
- Finalizar os estudos para a obtención do título universitario indicado no apartado anterior con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014.

A dotación da bolsa será de 1.150 euros brutos mensuais e terá unha duración de doce meses.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2019
Máis información no BOE do 9 de maio de 2019 e en www.tribunalconstitucional.es