Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores

09 Mai 2019

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2018/19.
Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores en Galicia.
- Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2018/19.
- Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2019
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED322A.
Máis información no DOG do 9 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.es