Premios a teses doutorais sobre violencia contra a muller

08 Mai 2019

A Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero convoca premios a teses doutorais sobre violencia contra a muller.

A finalidade dos devanditos premios consiste en recoñecer e recompensar ás persoas autoras daquelas teses doutorais que, como consecuencia da súa investigación, contribuísen a mellorar o coñecemento da dimensión, consecuencias e características da violencia contra a muller, así como os medios para evitala.

As teses doutorais deberán estar escritas en castelán ou, en caso de conter seccións ou artigos nunha segunda lingua ou estar integramente redactadas noutros idiomas, achegar a correspondente tradución.

Así mesmo, as teses doutorais deberán ser inéditas, considerándose incumprido este requisito cando, con anterioridade á presentación da solicitude para participar na convocatoria, a tese fose integramente reproducida de forma múltiple en calquera formato de impresión ou medio audiovisual, ou resultase premiada por algunha administración pública ou calquera entidade de carácter público ou privado, salvo que a publicación levouna a cabo a mesma universidade na que se presentou.

Prazo de presentación de solicitudes: 28 de maio de 2019

Dotación
Os premios concederanse ás dúas mellores teses presentadas, correspondendo ao primeiro premio unha contía de 3.000 e ao segundo premio unha contía de 2.000 euros.

A Delegación do Gobierno para a Violencia de Xénero facilitará información sobre esta convocatoria nos números de teléfono 91 524 35 73/97, e en observatorio-violencia@igualdad.mpr.es e a través da súa páxina web www.violenciagenero.igualdad.mpr.gob.es