Bolsas para participar nos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

07 Mai 2019

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2019 e bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia a estas actividades académicas que se celebrarán nas sedes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo durante o ano 2019.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario que se solicite.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo alumno.

Requisitos:
- Estar matriculado no curso académico 2018/2019 ou 2019/2020 nos estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutor nunha Universidade española ou do EEES.
- ter finalizado con anterioridad al curso académico 2018/2019 cualquiera de los estudios oficiales Os solicitantes deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 sobre base 10.

Prazo de solicitude das bolsas:  publicaranse na web da UIMP para os diferente cursos, http://www.uimp.es/actividades-academicas/secretaria-de-alumnos/becas/becas-3.html
As solicitudes de bolsas cursaranse telemáticamente a través da páxina web da Universidade

http://www.uimp.es/actividades-academicas.html