Becas Culturex

07 Mai 2019

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas «Culturex» para mocidade española, de formación práctica en xestión cultural no exterior, en institucións culturais, e en embaixadas e representacións ante a Unesco:

a) Musées Royaux d'Art et Hostorie (Bruxelas).
b) Centre Pompidou (París).
c) Frankfurter Buchmesse (Frankfurt).
d) Fundaçao des Serralves (Oporto).
e) HAY Festival of Literature & The Arts (Londres).
f) Jeu De Paume (París).
g) National Gallery of Art (Washington).
h) Representación Permanente de España ante a UNESCO (París).
i) Tate Modern (Londres).
j) Centro Nacional de Artes CENART (México D.F.).
k) Fundaçao Calouste Gulbenkian (Lisboa).
l) Representación de España ante a Unión Europea
m) Zentrum Für Kunst und Medientechnologie ZKM (Karlsruhe, Alemania).
n) Rijksmuseum de Amsterdam
o) Real Academia de España en Roma.
p) Centre for Contemporary Arts (CCA) (Glasgow)

Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao.
Estar en posesión dunha titulación de posgrao preferentemente en áreas afins a xestión cultural.
Idiomas:
Segundo a institución elixida o solicitante deberá acreditar un nivel mínimo de C1, de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
En cada país de destino será esixible a súa lingua nacional propia, excepto en Corea, onde será requisito este mesmo nivel da lingua inglesa.
Nos países de fala española este requisito non será esixible.
Non ter superado os 35 anos de idade a 31 de decembro de 2019.
O período de desfrute será entre o 1 de outubro de 2019 ata o 31 de marzo de 2020

Dotación mensual:
- Destinos en Europa: O importe bruto mensual de Londres e París será de 1.800 €.
- O resto de destinos europeos: O importe bruto mensual será de 1.480 €.
- Destinos de América e Asia: O importe bruto mensual será de 2.050 €.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2019 às 14:00 h.
A solicitude farase exclusivamente en formato electrónico:  https://sede.mcu.gob.es/SedeElectronica no apartado «Trámites e procedementos»

Máis información no BOE do 4 de maio de 2019 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html