Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre na Coruña

06 Mai 2019

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre de xeito intensivo antes do verán, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional,comunicación non violenta, participación  e orientación laboral no tempo libre.

Datas:  8-28 de xuño (agás o día 24, que non haberá clase).
Horario:  9:00-14:00 e 16:00-21:00.
Lugar:  Monasterio de Caaveiro 1 Baixo, 15010 A Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na cidade da Coruña e nos seus arredores, e unha acampada).
Duración:  200 horas da fase teórico-práctica e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas  teórico-prácticas para superar o curso.

Aventeira Escola de tempo libre
Teléfono: 722 342 658
Correo electrónico: escola@aventeira.com

Prezo e prazo de inscrición: 260 euros ata o 25 de maio e 280 euros ata o 1 de xuño.

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/