Prazas de aloxamento nas residencias da USC

06 Mai 2019

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento para o curso académico 2019-2010.

O número total de prazas que se ofertan nesta convocatoria é de 1071.

A Universidade proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria, así como a outras persoas que, aínda que non pertenzan a esta Universidade, participen nas actividades organizadas por ela. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.

Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.

Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531

Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302

Prazos:   Ata ás 14:00 do 28 de xuño de 2019.

Solicitude:  http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias.html

Máis información no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, tfno.: 881 814 574/582.  http://www.usc.es/sur