Actividades en Cambre durante o mes de maio

02 Mai 2019

Programa Por fin é venres
- 3 de maio de 2019. 18:00 a 20:00. México: Fajitas. Seguimos o percorrido gastronómico polo mundo, facendo parada en México.  
- 10 de maio 2019. 18:00 a 20:00. Maxia con cartas. Gustaríache aprender algún truco de maxia coas cartas?  
- 31 de maio 2019. 18:00 a 20:00. O Tesouro Templario. Seguimos a pegada dos Templarios na nosa parroquia, nun xogo de búsqueda de tesouro polas rúas. 

Programa Trans-fórmate
- Na semana do 20 ao 25 de maio acolleremos na Casa da Xuventude a formación de Mediadores/as Xuvenís en Prevención de Trastornos Aditivos, en colaboración con Adafad. O período de solicitude da actividade foi do 22 ao 30 de abril.

Programa Polo mundo adiante
- Cada luns, de 19:00 a 20:00 acollemos na Casa da Xuventude o English Conversation Club. Practica e perde a vergonza de falar en inglés mentres botas unhas risas.  
 
Todas as actividades son gratuítas e están dirixidas a mocidade de 12 a 30 anos.

Máis información en:  

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Rua Wencesalo Fdez. Florez s/n CAMBRE
Teléfono 981 613 170. Horario: 10-14 horas e 18-20 horas
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org
 
CASA DA XUVENTUDE (Casa das Palmeiras)
Rua Tapia 1. O TEMPLE
Teléfono: 981 650 269. Horario: 11-14 horas e 17-20 horas
pixtemple@cambre.org