Escola de tempo libre 'BULIDEIRA'

ESCOLA_DE_TEMPO_LIBRE_BULIDEIRAA Escola de Tempo Libre BULIDEIRA xorde no ano 2012 para dar resposta ás necesidades e demandas do ámbito do tempo libre, a animación sociocultural e a educación non formal na cidade de Lugo.

Conscientes da necesidade de que actividades de lecer destinadas a diversos sectores da poboación requiren a formación de persoal profesional, esta escola quere ser un lugar de encontro para todas aquelas persoas que están interesadas en desenvolverse profesionalmente no eido do tempo libre.

O obxectivo principal desta escola é alcanzar co seu proxecto educativo unha mellora na calidade do traballo que van a desenvolver estas persoas que aquí se forman, achegándolles un novo xeito de aprender e de empregar o seu tempo de lecer nun clima de respecto, diversión e cooperación.

 
Entidade Titular: Asociación Sociocultural e Educativa BULE

Enderezo: Rúa Serra de Outes, nº 67- 1º C

                27004 - Lugo

Teléfono de contacto: 669 432 111// 982 805 038

Enderezo electrónico: etlbulideira@gmail.com

Páxina web

Redes sociais

Horario atención ao público: De luns a venres en horario de tarde

Catálogo de formación:

• Curso de monitor/a de actividades de tempo libre.
• Curso de director/a de actividades de tempo libre.
• Monográficos específicos segundo necesidades do sector.
• Curso de director de campos de traballo.
• Accións de formación sobre persoas maiores.