Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Betanzos

02 Mai 2019

A Escola de Tempo Libre Querqus organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Betanzos.

Data de inicio do curso: Comeza o sábado 6 de xullo de 2019.
Data final do curso: Remata o domingo 28 de xullo de 2019.
Lugar: As clases teórico-prácticas serán no Espazo Xove de Betanzos (rúa Valdoncel 7, 15300 Betanzos, A Coruña; tel.: 881 880 279, correo electrónico: espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal Haberá saídas e acampada.
Prazas: 25. Os participantes deben ser maiores de idade e estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: ESO, graduado escolar ou técnico auxiliar en formación profesional.
Horario das clases: De 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. A modalidade deste curso é intensiva, polo que as clases serán seguidas en grupos de 5 días, con 1 día de descanso a continuación. O curso ten unha duración de 200 horas lectivas e 150 horas de prácticas.

Maís información
Espazo Xove de Betanzos. R/ Valdoncel 7. Betanzos, A Coruña
Teléfono: 881 880 279
correo electrónico: espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal

A Escola de Tempo Libre Querqus
Teléfono: 651 921 380
etlquerqus@gmail.com