Bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

30 Abr 2019

O Consello da Cultura Galega convoca 5 bolsas de colaboración nos seus proxectos de investigación

Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións
Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega.

Requisitos específicos:
Posuír o título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:
– Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.
– Posuír experiencia en tradución e corrección.
– Posuír coñecementos de informática.

Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación
Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Requisitos específicos:
Posuír o título de licenciatura ou grao en Información e Documentación ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:
– Ter experiencia en catalogación en formatos Marc.
– Posuír coñecementos de programas de catalogación bibliográfica e de descrición arquivística.
– Posuír coñecementos de informática.
– Posuír experiencia en xestión documental.

Dúas bolsas para colaborar na Área de Comunicación
Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Requisitos específicos:
Posuír o título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:
– Posuír experiencia en edición de textos, edición dixital e audiovisual.
– Posuír coñecementos de edición de páxina web.
– Posuír coñecementos de informática.

Requisitos xerais:
Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.

A contía das bolsas será de 1.000 euros mensuais.
A duración de cada unha das bolsas será de sete meses.

As solicitudes poden trramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR970B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de maio de 2019
Máis información no DOG do 29 de abril de 2019 e en http://www.consellodacultura.gal