Bolsas de formación no Instituto Cervantes

15 Abr 2019

O Instituto Cervantes convoca 44 bolsas de formación.

- Contabilidade e tesourería: tres bolsas
- Contratación e xestión patrimonial: unha bolsa
- Arquivo: dúas bolsas
- Orzamentos: unha bolsa
- Dirección académica: unha bolsa
- Hispanismo: unha bolsa
- Certificación e acreditación académica: unha bolsa
- Formación de profesores: dúas bolsas
- Ordenación e proxectos académicos: unha bolsa
- Ordenación e proxectos académicos/Certificación e acreditación: unha bolsa
- Xestión comercial e márketing: tres bolsas
- Comercio electrónico e márketing: unha bolsa
- Prezos e seguimento de vendas: unha bolsa
- Recursos humanos: dúas bolsas
- Xestión e comunicación de actividades culturais: unha bolsa
- Xestión cultural multidisciplinar: tres bolsas
- Documentación da actividade cultural: unha bolsa
- Biblioteca e documentación: unha bolsa
- Relacións institucionais e xestión de actividades: tres bolsas
- Produción audiovisual: unha bolsa
- Redacción e contido dixital: unha bolsa
- Informática: dúas bolsas
- Edición e audiencias da internet: unha bolsa
- Contidos web: unha bolsa
- Edición web: unha bolsa
- Arquivo e documentación dixital: dúas bolsas
- Proxectos terminolóxicos: unha bolsa
- Convenios e relacións internacionais: dúas bolsas
- Asesoría xurídica: unha bolsa
- Relacións internacionais: unha bolsa

Requisitos:
Titulados universitarios de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, nas materias e especialidades relacionadas coas bolsas, que terminasen os estudos  conducentes á obtención do título requirido nos cinco cursos académicos anteriores

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 15 de abril de 2019 e en https://documentos.cervantes.es/Becas_2019_Resolucion.pdf