XV Certame de artes plásticas Deputación Ourense

12 Abr 2019

A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etcétera).
Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material.
Cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
As obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: non superior a 2 metros en calquera das súas dimensións.
Escultura: terá unha altura máxima de 1,80 m e unha base que non superará un metro por un metro (1m x 1m).
Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres.
As obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.

Premios:
- 1º premio: 3.000 €.
- 2º premio: 2.000 €.
- 3º premio: 1.000 €.
- Dous accésits de 500 € cada un: 1.000 €.

O xurado pode conceder accésits honoríficos, se o estima oportuno, en vista da calidade dos traballos presentados.
Tamén pode declarar deserto calquera dos premios.
As obras que reciban algún dos premios con dotación económica quedarán en propiedade da Deputación Provincial de Ourense.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 15 de xuño de 2019
As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense (Rúa Progreso 30. 32003 Ourense). Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío das obras.
Os organizadores non se responsabilizan dos riscos ou deterioracións que poidan sufrir as obras no seu traslado e manipulación.
Para a súa identificación, as obras levarán en lugar ben visible un lema identificativo, que pode ser común ás obras presentadas polo mesmo autor. En sobre pechado, á parte, incluirá un boletín de participación no certame ou copia deste por cada obra presentada, debidamente cuberto e cunha copia do DNI do autor. No exterior do sobre figurará o lema da obra ou obras.

A Deputación realizará unha exposición (mes de setembro) cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.

Máis información no BOP de Ourense do 12 de abril de 2019