Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola

12 Abr 2019

O Ministerio de Agricultura convoca un Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (PLAN RENOVE) para o ano 2019:
a) Tractores.
b) Máquinas  automotrices: de recolección, de aplicación de produtos fitosanitarios e fertilizantes, excluídas cisternas de xurro.
c)  Maquinas arrastradas ou suspendidas: sembradora directa, abonadora, equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, cisternas de xurro con sistemas de localización de produto no chan (reixas e discos (para aplicación no chan), tubos flexibles (mangueiras) ou ríxidos (para aplicación xusto sobre o chan), así como sistemas de localización de xurro no chan independentemente da cisterna).
As solicitudes poden presentarse ata o 15 de setembro de 2019.
Máis información no BOE do 12 de abril de 2019