IV Concurso O Ollo de Vidro

10 Abr 2019

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Vigo, do IES Castelao, do IES Pino Manso de Porriño, xunto coa Biblioteca Municipal Neira Vilas e a Biblioteca Municipal do Porriño convocan o IV Concurso O Ollo de Vidro.

Este certame enmárcase dentro do proxecto Recoméndoche un libro que ten como obxectivo dinamizar a lingua galega e animar á lectura. Entre as entidades colaboradoras figura tamén o Festival de Cans, onde se presentarán os vídeos gañadores.

Requisitos:
- Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal.
- Poden realizarse críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.
- Ten que estar feito en galego. Valorarase positivamente o feito de que aparezan obras en galego nos proxectos.
- O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo.
- Dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.
- O tratamento e a linguaxe debe ser respectuoso, non debe ser groseiro e debe ser adecuado a todos os públicos.
- A gravación non pode durar máis de 3 minutos.
- Tanto a imaxe como o son deben ter os niveis adecuados para poderen ser reproducidos.
- Valorarase positivamente a calidade técnica e artística así como a creatividade dos proxectos, o risco narrativo e a intención de facer achegas ao audiovisual.

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, enviando un vídeo a recomendocheunlibro@gmail.com
Os traballos audiovisuais non deberán superar os 3 minutos de duración e terán que estar en galego. O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 23 de abril.

Premios:
A. Premio do xurado: Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
B. Premio do público: Dotación económica de 250€, un lote de libros e placa Festival de Cans.
C. Premio Festival de Cans: Hotel para dúas persoas máis dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

https://recomendocheunlibro.com/concurso-o-ollo-de-vidro/