Bolsas Severo Ochoa e María de Maeztu do CSIC

09 Abr 2019

O CSIC convoca 28 bolsas para estancias en Centros de Excelencia «Severo Ochoa» e Unidades de Excelencia «María de Maeztu» do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Requisitos:
Estudantes que finalizasen os estudos de licenciatura ou de grao no curso académico 2017-2018 ou posterior; que estean matriculados ou realizasen a inscrición ou preinscrición para o curso 2019-2020 nun Máster Universitario oficial; que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior ao indicado en cada modalidade de bolsa, que non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor; que non gozasen dunha bolsa de introdución á Investigación dentro do programa JAE en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación de solicitudes:  Do 15 de maio ao 15 de xuño do 2019.

Máis información no BOE do 9 de abril de 2019 e en https://sede.csic.gob.es/becas-severo-ochoa-maria-de-maeztu-2019