Nortear

08 Abr 2019

O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores;
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción;
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal;
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras.

Requisitos:
Poden participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Modalidade:
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.

Premio:
O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a gañador/a. Esta cantidade estará suxeita á retención á conta dos impostos que correspondan (IRPF...)
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.

Lugar e prazo de entrega:
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
  Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
  Edificio CETMAR,
  Rúa Eduardo Cabello, s/n
  36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu
Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 28 de junio de 2019 (inclusive)
No sobre farán constar:
Premio Literario - Nortear
Novos Escritores
Norte de Portugal – Galicia

- As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
- As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
- As obras presentadas teñen que vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do autor/a: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración de enderezo de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico, e un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante mencionando/a de que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non se atopan cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión de dita declaración será motivo para que se exclúa automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.

Características dos orixinais
O tipo de letra e as entreliñas utilizadas deben facilitar a lectura aos membros do xurado, polo que o formato das obras a concurso debe seguir as seguintes indicacións:
- Ser presentadas en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a espazo 1.5, letra tipo times new roman, tamaño 12.
- O orixinal debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo 8.000.
- Incluír, na portada, o título da obra e o pseudónimo do seu autor.

Máis información en www.cultura.gal