Que sede!

04 Abr 2019

Por segundo ano consecutivo, o Injuve lanza o programa de Residencias Artísticas “Contar o que facemos, facer o que contamos” co obxectivo de ofrecer a artistas (individual ou colectivo) menores de 30 anos o reto de producir un proxecto que vire en torno ao tema Que sede!  durante o mes de xullo na Sala Amadís, e despois expoñelo na sala desde o 1 agosto ata o 19 de setembro.

Unha vez máis, o programa continúa reflexionando sobre as voces que narran o feito artístico e de novo convidará a profesionais da cultura contemporánea a discutir cos artistas sobre os proxectos presentados, esta vez en dúas ocasións: ao comezo das residencias, co proxecto aínda en papel, e a metade das mesmas, a fin de facilitar a análise do proxecto e ver o seu crecemento e evolución. Unha vez máis, sobre os produtos, feitos ou situacións que se xeren, existirán varias voces, a cada artista xunto á de cada profesional que o narrarán a través dunha publicación.

Dirixido a:  artistas menores de 30 anos
Prazo de recepción de proxectos:  ata o 23 de abril
Período de produción:  1-31 de xullo
Período exposición:  1 de agosto-19 de setembro

http://www.injuve.es/sites/default/files/adjuntos/2019/04/residencias_artisticas_injuve_2019.pdf