Así se presenta o mes de abril na Casa da Xuventude de O Temple (Cambre)

03 Abr 2019

POR FIN É VENRES
- 5 de abril. COCIÑA XAPONESA. Obradoiros de MAKIS e GYOZAS (inscrición previa). Aprende a preparar gyozas (un tipo de empanada xaponesa) e os famosos makis, dous dos platos máis coñecidos da gastronomía xaponesa.
- 12 de abril. CHAVEIROS de CORDA. Acompaña as túas chaves cun chaveiro de corda, un clásico resistente que nunca falla.
- 26 de abril. XOGOS DE TABOLEIRO. Sabemos que vida máis aló do Parchís. Coñece novos xogos de taboleiro e bota unhas risas cos mozos de Movemento Xove.

ENGLISH CONVERSATION CLUB
E todos os luns, continuamos co noso ENGLISH CONVERSATION CLUB, de 19:00 a 20:00. Ven xogar e pasar un bo rato mentres melloras o teu inglés neste grupo dinamizado por dous mozos voluntarios de Estados Unidos.

KDADAS DE SEMANA SANTA
Do 15 ao 22 de abril estaremos traballando nas Kdadas de Semana Santa. Pronto vos daremos conta do que estamos argallando... Permanece atento/a!

Máis información en:  
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Rua Wencesalo Fdez. Florez s/n CAMBRE
Teléfono 981 613 170. Horario: 10-14 horas e 18-20 horas
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org
 
CASA DA XUVENTUDE (Casa das Palmeiras)
Rua Tapia 1. O TEMPLE
Teléfono: 981 650 269. Horario: 11-14 horas e 17-20 horas
pixtemple@cambre.org