Estadías de tempo libre para mulleres con fillos/as

01 Abr 2019

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Convócanse ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Requisitos:
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2019.
Se poden tramitar en https://sede.xunta.es co código de procedemento SI447A.
Maís información no DOG do 1 de abril de 2019 e en http://www.mulleresengalicia.es