Bolsas no Instituto Nacional de Administración Pública (INAP)

01 Abr 2019

O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) convoca 9 bolsas de de formación e investigación.

Requisitos:
- Para as bolsas de Ciencias Sociais e Xurídicas, titulación relacionada coas áreas de ciencia política e da administración, administración e xestión pública, socioloxía, dereito, relacións laborais e recursos humanos, xestión da información e contidos dixitais, comunicación, relacións internacionais, educación social, pedagoxía ou estatística.
- Para as bolsas de Biblioteconomía e Documentación, titulación relacionada con estas áreas.
Dita titulación debe ser obtida no curso académico 2014-2015 ou posterior.

A contía individual de cada bolsa será de 1.300 euros mensuais.
O prazo para presentar solicitude estará aberto ata o 24 de abril de 2019
Máis información no BOE do 1 de abril de 2019 e en www.inap.es