24 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

01 Abr 2019

24 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

Competición oficial de longametraxes:
Poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras...) que posúan o debido control legal sobre as
obras que presenten a competición.

Requirimentos das películas
- Deberán estar producidas en 2018 ou 2019
- Poderán ser obras de ficción, animación ou documentais.
- Non poderán terse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, dvd ou
vídeo, antes do 27 de setembro de 2019. Tampouco en internet con acceso libre en España.
- As obras deberán ter unha duración superior aos 60 minutos.

Como participar
A inscrición das películas para participar na sección oficial do festival será gratuíta e deberá facerse polas seguintes canles:
- Plataformas on line: FESTHOME.COM e CLICKFORFESTIVALS.COM
- Páxina web do festival: www.ouff.org, facilitando un enlace permanente de reprodución co contrasinal correspondente e
cubrindo o boletín de inscrición que figura nela. A persoa firmante deste boletín será o único interlocutor válido co festival.
- Tamén poden ser enviadas fisicamente en DVD ou Blue Ray á seguinte dirección:
Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF2019)
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Rúa Progreso, 30.
32003 Ourense (España)
-

O prazo de recepción de películas estará aberto ata o 15 de agosto de 2019

O OUFF 2019 terá lugar do 27 de setembro ao 5 de outubro.

www.ouff.org
ouff@depourense.es