250 bolsas no CSIC

29 Mar 2019

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 250 bolsas para o curso académico 2019-2020, a realizar en meses consecutivos nun período máximo de cinco meses en Institutos e Centros do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»

Beneficiarios:
Españois, nacionais de calquera Estado membro da UE e estranxeiros non comunitarios, ou que vaian acabar o grao no curso 2018-2019, ou que vaian ser estudantes de Máster Universitario oficial no curso 2019-2020, ou que estean matriculadas nun Máster Universitario oficial no curso 2018-2019, ou que teñan acceso a estudos de doutoramento nos cursos académicos 2019-2020 ou 2020-2021, e que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00, e que non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor.

A dotación das bolsas será de 3.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: do 9 de abril ao 7 de maio de 2019.

Máis información no BOE do 29 de marzo de 2019 e en https://sede.csic.gob.es/intro2019