Programa de Intercambios Xuvenís Internacionais REAJ 2019

26 Mar 2019

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por sexto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.

1. OBXECTIVO PRINCIPAL DO PROGRAMA
Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos e mozas facilitándolles a formación en distintas actividades profesionais que se realicen nas instalacións dos albergues xuveniles.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estadía no país de acollida, impulsando o aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

2. A QUEN VAI DIRIXIDO?
A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:
- Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.
- Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
- Ter un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino (ou na súa falta INGLÉS, nivel mínimo esixido B1).

3. COMO INSCRIBIRSE?
Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición.

Despois de completar o formulario tes que enviar por email a voluntariado@xunta.gal a seguinte documentación (aínda que sexa unha dirección mail da Xunta, poden participar mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas):
- Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.
- Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés ou certificado de Selectividade/bachiller.
- Carta de motivación escrita en inglés explicando por que queres participar no programa.

A organización reservase a potestade de solicitar máis información aos participantes, xa sexa para comprobar a súa veracidade ou para completar a información (Ex. Solicitude de títulos, diplomas...).

Se tes dúbidas, ponte en contacto coa REAJ en contacto@reaj.com 91 308 46 75 / 91 319 70 67 (de luns a venres de 09:00 a 16:00)

Se unha vez inscrito/a resultas seleccionado/a ademais deberás dispoñer da seguinte documentación:
- Carné de identidade ou pasaporte en vigor.
- Cartón sanitario Europea.  
- Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, os atrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesario (prezo estimado 30€).
As persoas seleccionadas poderán ser entrevistadas polas súas respectivas Comunidades Autónomas e/ou polos albergues de destino como paso previo á aceptación no programa.

4. PRAZOS DE INSCRICIÓN
Podes botar a túa solicitude en calquera momento do ano.

Con todo, recomendámosche inscribirte canto antes, xa que tentarase asignar as prazas cunha antelación que vos permita sacar os billetes e planificar a viaxe adecuadamente.

No caso de que algunha praza non se cubra, permanecerá aberta a inscrición ata última hora, por tanto, non deixes de apuntarte, xa que pode quedar unha praza libre para ti!

5. DESTINOS E DATAS
Cónta no formulario de inscrición cales son os teus destinos favoritos e que dispoñibilidade tes.
Canto máis flexible sexas, máis posibilidades terás de conseguir unha praza!.

DESTINOS INTERNACIONAIS
República Checa: Praga
Escocia: Edimburgo
Eslovenia: Bovec e Pod Voglom
Portugal: Oporto
Italia: Varias cidades por confirmar
Croacia: Veli Losijn
Inglaterra: Varios destinos por confirmar

DATAS PARA A TÚA ESTANCIA
Hai datas dispoñibles dende abril ata decembro de 2019.

O ideal é que indiques no formulario todos os meses nos que esteas dispoñible. Canta máis dispoñibilidade teñas, máis oportunidades terás!.

6. CUSTOS
Custos sufragados polo albergue de destino: O albergue de destino proporcionarache aloxamento gratuíto durante toda a túa estancia, e polo menos media pensión (almorzo e comida ou cea). Naqueles albergues que non dispoñan de restaurante, facilitaranse outras opcións para cubrir polo menos a media pensión.

Algúns albergues poden ofrecer pensión completa, e moitos dispoñen de cociña a disposición dos/as participantes para que poidan preparar a súa propia comida.

Custos sufragados polo/a participante: O/a participante farase cargo dos custos da viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, así como das comidas que non estean incluídas nos custos sufragados polo albergue (mirar o punto anterior). Ademais, deberá contratar un seguro de viaxe e asumir calquera outro gasto derivado da súa estancia (roupa, lecer, agasallos…)

7. DURACIÓN
A duración da estancia de cada participante no estranxeiro pode ser de entre 2 semanas e 3 meses (a estancia media é dun mes).
Non esquezas indicar no formulario de inscrición as túas preferencias en canto á duración da estancia!.

8. XORNADA E TAREFAS
A xornada pode variar en función do destino. En calquera caso, non superará as 40 horas semanais (máximo de 8 horas diarias). As horas distribuiranse en 5 días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e todos os/as participantes contarán con 2 días libres á semana.

As tarefas serán asignadas polo albergue de destino e estarán relacionadas co día a día dos albergues: restaurante-bar, housekeeping, recepción… Aínda que poderá realizar outro tipo de actividades en función das necesidades específicas de cada albergue e as capacidades do participante.

9. PROCESO DE SELECCIÓN DOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, elixirán ás/ós participantes entre todas as candidaturas recibidas pola web a partir do mes de marzo de 2019, tendo en conta os requisitos indicados anteriormente así como outro tipo de capacidades determinadas pola Asociación Nacional de destino ou os albergues. Tanto as Comunidades Autónomas dos/das participantes como os albergues de destino poderían realizar tamén entrevistas aos mozos e mozas seleccionados como paso previo á aceptación no programa.

Os organizadores do programa comunicarán por teléfono ás persoas voluntarias finalmente seleccionadas e os Intercambios levaranse a cabo nos destinos arriba citados entre abril e decembro de 2019.

10. AVALIACIÓN DO PROGRAMA
Os albergues de acollida asignarán a cada participante un mentor que lles servirá como punto de contacto durante a súa participación no programa.

Ao final do Programa de Intercambios, os organizadores facilitarán aos/as participantes un formulario de avaliación no que deberán plasmar a súa experiencia no programa, coa finalidade de identificar posibles aspectos a mellorar en futuras edicións do programa.

Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís. Será entregado ao finalizar a edición do Programa.

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=336