VI Concurso Nacional de Coros Escolares nos ensinos non universitarios

25 Mar 2019

O Ministerio de Educación convoca o VI Concurso Nacional de Coros Escolares nos ensinos non universitarios correspondente ao curso escolar 2018-2019.

Poderán participar neste concurso centros públicos e privados que conten cunha agrupación coral formada por alumnos do centro pertencentes aos niveis de Educación Primaria (Modalidade A) e Educación Secundaria (Modalidade B).

Premios:
Modalidade A:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.
Modalidade B:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación estará aberto ata o 29 de maio de 2019.
Máis información no BOE do 25 de marzo de 2019.