XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares

21 Mar 2019

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares convocan o XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares.

Poderán participar todas as persoas autoras, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitir, antes do 3 de maio de 2019, ao seguinte enderezo: XXIII Premio de Poesía Avelina Valladares, Concello da Estrada, praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada, Pontevedra.
 
Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, o enderezo e o teléfono do autor ou autora.

O premio será de 2.000 €.

Prazo: 3 de maio de 2019

Máis información: http://www.aestrada.gal/index.php/gl/cultura/cultura-127/premios-literarios/poesia