Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas paradas de longa duración.

20 Mar 2019

A Consellería de Economía convoca un Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.
As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co código TR349R.

Prazos:
- Para as contratacións realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde: 20 de maio de 2019
- A partir da entrada en vigor desta orde poden solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.
- O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019

Máis información no DOG do 20 de marzo de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/