Xuíz/a de paz titular en Baleira

15 Mar 2019

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz substituto do Concello de Baleira
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo estará aberto ata o 29 de marzo de 2019.
Máis información no BOP de Lugo do 15 de marzo de 2019