Cancion para afundir flores no mar, de Oliver Añón, autor gañador en 2018 Cancion para afundir flores no mar, de Oliver Añón, autor gañador en 2018

XIV Premio de banda deseñada “Castelao”

15 Mar 2019

A Deputación da Coruña convoca o XIV Premio de banda deseñada “Castelao”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Modalidade Xeral:  Para todo tipo de lectores
b) Modalidade LIX:  Especialmente dirixido ao lector infantil

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre
“XIV Premio “Castelao” de Banda Deseñada“.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata O 5 de abril de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao