XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais

15 Mar 2019

A Deputación da Coruña convoca o XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)

Premios:
1º clasificado: 3.000 €
2º clasificado: 2.000 €
3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 15 de maio de 2019, ás 14:00 h

Máis información no BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en https://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock/