Unha das fotografías da serie "Mascaritas" de Xoán Crespo, gañador da edición de 2017 Unha das fotografías da serie "Mascaritas" de Xoán Crespo, gañador da edición de 2017

XIV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”

15 Mar 2019

A Deputación da Coruña convoca o XIV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade, que estean interesadas no campo da fotografía e que non fosen premiadas nas tres edicións anteriores do premio. Ademais, as obras coas que concorran non terán podido ser gañadoras de ningún premio en ningún outro concurso.

Establécese un premio único e indivisible, dotado coa cantidade de 6.500 €.

- As fotografías deberán compoñer unha serie dun mínimo de seis e un máximo de doce, en formato de 30 x 40 cm. As copias deberán entregarse sen ningún tipo de montaxe ou enmarcado, en cor ou branco e negro e inscribiranse no campo do fotodocumentalismo, fotoxornalismo ou reportaxe en xeral.
- Non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital.
- Deberá acreditarse por escrito a propiedade intelectual das imaxes presentadas.
- A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada xunto cun sobre á parte en cuxo exterior conste: XIV Premio de creación fotográfica "Luís Ksado", o título da obra ou un lema; no interior incluirase unha copia do documento de identidade, dirección, teléfono de contacto, correo electrónico, breve currículo e unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame ou premio, e de que se é o titular da propiedade intelectual das imaxes presentadas.
- As fotografías deberán levar no dorso o título da serie, ou un lema, e o número de orde que teña cada unha delas dentro da serie.

O prazo de presentación dás solicitudes estará aberto ata o 15 de maio de 2019
Máis información non BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en  https://www.dacoruna.gal/cultura/premios