Bolsa de formación na Escola Galega do Consumo

15 Mar 2019

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € brutos por mes.
Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: Márketing e Comunicación Dixital, Publicidade, Xornalismo, Comunicación, Márketing, Relacións e comunicación institucional ou equivalentes.  
Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario IN117A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2019
Máis información no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, teléfonos 981 545 545 e 981 545 416 e en http://consumo.xunta.gal

DOG do 15 de marzo de 2019.