Bolsa de formación no Consello Galego de Consumidores e Usuarios

15 Mar 2019

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 € brutos por mes.
Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de graduado/a, en Dereito.
Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario IN118A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2019
Máis información no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, teléfonos 981 545 545 e 981 545 416 e en http://consumo.xunta.gal
DOG do 15  de marzo de 2019.