Inmersión en lingua inglesa para Mestres

14 Mar 2019

O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Beneficiarios:
a) os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2017-2018, 2016-2017 o 2015-2016, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 8,00 puntos.
b) os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 8,00 puntos nalgún dos seguintes cursos académicos: 2017-2018, 2016-2017 o 2015-2016.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e www.mecd.gob.es