Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa

14 Mar 2019

Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Dotación:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado que serán de conta do participante

Quen resulte beneficiarios da axuda poderán participar nun curso de axilidade oral en inglés cunha duración de cinco días e que se desenvolverá en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado ao mediodía, nalgún dos seguintes emprazamentos: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, A Liña da Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartaxena.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2019 e http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html