Reto Lector 2019

13 Mar 2019

Un ano máis a editorial Galaxia propón un novo reto lector.

Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
O vídeo non poderá superar os 2 minutos de duración.
Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia para decidir o vídeo gañador. Automaticamente este centro quedará fora da convocatoria. Cada membro do xurado estará obrigado a elexir os cinco videos que máis lle gusten, de entre todos os recibidos.
Deberá valorar os seguintes aspectos cunha puntuación entre 1 e 5:
  a. Poder de persuasión
  b. Claridade expositiva
  c. Creatividade na gravación
O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de última xeración.
Ademais haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.
A data límite para entregar os videos será o 26 de abril de 2019.
O fallo do xurado farase público no mes de xuño de 2019.

http://editorialgalaxia.gal/reto-lector-2019/