X concurso de viñetas “Sen fronteiras”, muller e migrante

13 Mar 2019

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre a dobre discriminación e o empoderamento das mulleres migrantes (emigrantes, inmigrantes, refuxiadas e retornadas) polos seus códigos culturais, etnia, relixión, nacionalidade, etc.

Participantes.
Poderán participar mozas e mozos con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.

Temática.
A) A dobre discriminación das mulleres migrantes
-Os seus códigos culturais. Analizando as tradicións, relacións sociais, familiares e a educación.
-A súa relixión. Reflexionando sobre o concepto das mulleres segundo as diferentes relixións e o seu papel social.
-A súa etnia. Investigando sobre etnias minoritarias e o papel social das mulleres.
B) Empoderamento. Reflexionando sobre a participación social das mulleres migrantes na vida pública e a súa contribución á sociedade de acollida.

Formato.
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.

Premio.
Poderase participar en dúas categorías:
Categoría A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
Categoría B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 12 de abril de 2019.

Forma de presentación:
os traballos entregaranse nun sobre pechado; no exterior do sobre indicarase X Concurso de Viñetas “SEN FRONTEIRAS”, MULLER E MIGRANTE, a categoría na que se presenta (categoría A ou B) e un pseudónimo como identificador do traballo.
Dentro deste sobre irán o traballo e outro sobre pechado co pseudónimo no exterior.
No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal.

As bases están publicadas no BOP da Coruña do 13 de marzo de 2019

https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concurso-vinetas