Concurso de fotografía “Como educa o colexio?

12 Mar 2019

O Colexio Xara organiza o concurso de fotografía “Como educa o colexio?” de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet.
O concurso consiste en subir unha foto a Facebook a través da plataforma habilitada para iso que ilustre a resposta á pregunta formulada “Como educa o colexio?”
O Concurso estará aberto ata o día 1 de maio de 2019.

Requisitos de participación:
- Poderán participar maiores de 18 anos residentes en España.
- Os menores de 18n anos que desexen participar farano sempre a través dun adulto.

Unha vez finalizado o prazo de participación e nun prazo máximo de 30 días a contar a partir da data de finalización, un xurado composto por persoal de Colexio Xara estudará e valorará todas as propostas presentadas atendendo a criterios tales como a adecuación da proposta aos requisitos fixados nesta convocatoria, así como a orixinalidade, creatividade, impacto, atractivo e relación da fotografía coa temática proposta.

O gañador obterá como premio unha cámara de fotos 360 graos.

https://basicfront.easypromosapp.com/p/932038