14 MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

12 Mar 2019

O Museo do Pobo Galego organiza a 14 MICE-Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que terá lugar do 25 ao 31 de marzo.

A sección Impropias, que xirará arredor da temática das fronteiras, estreará en Galicia películas da artista suiza Ursula Biemann e da cineasta e teórica vietnamita Trinh T. Minh-Ha.
  Performing The Border, de Ursula Biemann
  Surname Viet Given Name Nam, da cineasta vietnamita Trinh T. Minh-Ha
  Europlex de Ursula Biemann e Angela Sanders
  Mapping Journey #1, #2 e #3 da artista Bouchra Khalili
  Tout le monde aime le bord de la mer, da cineasta galega Keira Espiñeira
  Hyohakusha (camiñante sen rumbo), de Xisela Franco e Anxela Caramés.

Trazas, sección programada polo Cineclube de Compostela, elaborou unha selección de películas que se centran na relación da música coa etnografía, con protagonistas que van de Peret a Judas Priest, ou os instrumentos tradicionais cubanos.
  Afro-American Work Songs in a Texas Prison, da directora americana Toshi Seeger
  The End of an Old Song, do musicólogo John Cohen
  Y tenemos sabor, de Sara Gómez.
  The Wigan Casino, de Tony Palmer
  Heavy Metal Parking Lot, de Jeff Krulik e John Heyn
  I sing the Desert Electric, de Christopher Kirkley
  Petites Planètes_ volume 5_ Peret de Vincent Moon Pola outra
  Rexistro[7]telephones rouges nun cuarto, de Rubén Domínguez.
  Alentejo Alentejo, do director brasileiro Sérgio Trefaut.

Completa esta programación un taller familiar:

Facemos cinema sen cámara. Obradoiro creativo de cinema para familias.
HORARIOS:  Sábado 30 e domingo 31 de marzo ás 11:00 no Museo do Pobo Galego.
PÚBLICO:  nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e familias.
PRAZAS:  25 – 30.
PREZO:  4€ materiais por participante, redución por máis dunha crianza da mesma familia a 3€ por persoa.
Persoas desempregadas e socias/os do Museo: de balde.
INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal

http://www.museodopobo.gal/web/deac-programacion.php