DKV Fresh Art

08 Mar 2019

O concurso DKV Fresh Art é unha iniciativa de DKV Seguros España. Nace coa intención de impulsar a creatividade e innovación a través da arte.

Pretende promover as inquietudes artísticas entre estudantes de 16 a 18 anos, premiando a aqueles que destaquen pola súa creatividade nalgún campo de expresión da arte contemporáneo. DKV  Fresh  Art recolle dous principios fundamentais para a compañía aseguradora: a creatividade e a innovación, sempre ligados á saúde e a mellorar a calidade de vida das persoas.

Nesta liña a aseguradora pretende impulsar a arte no sector asegurador e sanitario, fomentando o seu valor na sociedade a través do programa DKV Arteria, que recolle diferentes iniciativas ao redor da creación artística e a saúde.

As disciplinas aceptadas son:
- Pintura. De calquera tamaño ou técnica.
- Debuxo. De calquera tamaño ou técnica.
- Escultura. De calquera tamaño ou técnica.
- Fotografía. Deberase presentar unha serie de 3 fotografías cun mesmo fío condutor e baixo un mesmo título.
- Vídeo-arte. Pezas dunha duración máxima de 3 minutos. Non se aceptarán curtos cinematográficos.

A convocatoria consta de dúas fases:
- 1ª Fase. Ao final do período de presentación das obras, o xurado de expertos seleccionará 20 obras para participar nunha exposición na Torre DKV, Zaragoza. Así mesmo elixirán 5 obras extras como reserva no caso que algunha das 20 seleccionadas quede invalidada. Nesta 1ª fase o envío de obras a través da plataforma de envío da web.
- 2ª Fase. Os 20 seleccionados deberán ceder as súas obras para poder realizar a exposición na Torre DKV, Zaragoza. Unha vez inaugurada a exposición, as 20 pezas seleccionadas serán sometidas ao veredicto dun xurado de expertos na segunda fase do concurso. Valorarán a calidade técnica/plástica, así como a emotividade e orixinalidade e posteriormente elixirá tres premiados. O envío das obras é por conta de DKV.

Prazo:  ata a 23:59 hora peninsular do 10 de maio de 2019.

Requisitos
Poderán participar todos os novos talentos que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter de 16 a 18 anos e estar a cursar bacharelato ou grao medio.
- Ser españois ou estranxeiros residentes en España, en calquera comunidade autónoma, Canarias incluído.

Dotación
- Primeiro premio: 3.000 euros para realizar a viaxe artística soñada e 1.000 euros máis para o centro docente do gañador.
- Segundo premio: 2.000 euros para realizar a viaxe artística soñada e 1.000 euros máis para o centro docente do gañador.
- Terceiro premio: 1.000 euros para realizar a viaxe artística soñada e 1.000 euros máis para o centro docente do gañador.

DKV pagará os gastos de desprazamento para a recollida do premio.

Calquera consulta relativa ao concurso xestionarase a través do teléfono gratuíto 900 670 201. De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Máis información concursos.dkvseguros.com