XXII Concurso de poesía “Concello de Carral”

07 Mar 2019

O Concello de Carral, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca unha nova edición do Concurso de Poesía Concello de Carral.

- Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.
- Haberá un premio único de 2.500 €.
- Os traballos, cunha extensión mínima de 500 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos.
- Os traballos presentaranse por triplicado, mecanografados con dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentarase cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obra, e que conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo que incida na súa traxectoria literaria se a houbese.
As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral (Casa da Cultura, Rúa de Paleo, 17, 15175 Carral, A Coruña. Teléfono 981 672 580).
- O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 6 de abril de 2019.

Máis información en http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/05/Bases-XXII-Concurso-de-Poes%C3%ADa-Concello-de-Carral.pdf