Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre nas Pontes

07 Mar 2019

O Concello de As Pontes organiza, coa colaboración da Escola Néboa, un curso de monitor de actividades de tempo libre.

Datas:  do 9 de marzo ata o 8 de xuño
Contido:  ofrecerá un total de 350 horas de formación presencial, divididas en dous módulos; un de carácter teórico, de 200 horas de duración, que permitirá ao alumnado adquirir coñecementos básicos en psicoloxía, socioloxía, saúde, plástica, animación, xogos deportivos e dramatización, entre outras materias. O segundo módulo constará de 150 horas prácticas e se levará a cabo en diferentes campamentos e colonias.
Horario:  sábados e domingos, de 09:30 a 14:30 horas e as tardes dos sábados de 16:30 a 20:30 horas, desprazándose, unha fin de semana, os alumnos e alumnas ata a área recreativa de Vilarbó para recibir formación sobre técnicas de excursionismo ao aire libre.

Máis información na Escola de Tempo libre Neboa
Enderezo: Rúa Muchiqueira, nº 24. A Mourela
15510-Neda (A Coruña)
Teléfonos:  669 111 111 / 981 34 76 90 / 646 156 421
Enderezo electrónico: escola@neboa.org