Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019

06 Mar 2019

No Programa “Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019”, poderán participar como colectivos teatrais as asociacións que posúan un grupo de teatro afeccionado, que teñan residencia na provincia de Lugo.

Este Programa vai dirixido tanto aos concellos da provincia, que poderán solicitar actuacións para se acolleren a este programa, como a aquelas asociacións sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura

As actuacións do programa “Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2018” desenvolveranse dende o 1 de xuño ata o 1 de decembro de 2019.

Os cachés das actuacións serán os seguintes:
· Grupos de 6 a 8 persoas: 500 €/función (tendo as 3 representacións 450 €/función)
· Grupos de 9 a 12 persoas: 750 €/función (tendo as 3 representacións 700 €/función)
· Grupos de 13 ou máis persoas: 850 €/función (tendo as 3 representacións 800 €/función)
A Área de Turismo e Cultura establece que, tendo en conta os cachés de actuacións, que todos os solicitantes (os Concellos e as asociacións legalmente constituídas) deberán asumir o pagamento do 20% do custo de cada unha das actuacións solicitadas e concedidas. O resto do seu caché, é dicir, o 80% do custo das actuacións correrá a cargo da Deputación de Lugo (Área de Turismo e Cultura).

Prazos:
As agrupacións que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a súa solicitude ata o 28 de marzo de 2019.
Os concellos e asociacións que desexen recibir actuacións deberán presentar a súa solicitude ata o 28 de marzo de 2019.
Máis información no BOP de Lugo do 6 de marzo de 2019.