Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade na EGAP

04 Mar 2019

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP convoca unha Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

Requisitos:
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
- Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
- Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

O importe de cada bolsa será de 1.100 € mensuais.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770P
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de abril de 2019

Máis información en https://egap.xunta.gal e no DOG do 4 de marzo de 2019