Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

04 Mar 2019

A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2018.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2018.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 850 € por premio.

O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 4 de abril de 2019.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/premiosfp