A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a primeira edición do programa Parlamento Xove, categoría universitaria.
Obxectivo: fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.
Destinatarios: mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados no curso académico 2018/2019.
Prazas: poderán participar un máximo de 8 equipos. Cada equipo estará composto entre dous (2) e catro (4) mozos/as.
Inscrición: os equipos interesados en participar deberán enviar telematicamente o formulario de preinscrición dispoñible na páxina web oficial da competición do 11 ao 15 de marzo de 2019.
Unha vez adxudicadas as prazas, os equipos seleccionados deberán enviar por correo o formulario de inscrición (inclúe a composición do equipo) entre o 18 de marzo e o 22 de abril de 2019 á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Fases da competición: a competición terá dúas fases unha primeira fase clasificatoria e unha fase final de eliminatoria directa. Tendo en conta que por primeira vez se abre este programa á categoría universitaria, as dúas fases terán lugar na mesma fin de semana (venres en horario de tarde e sábado en horario de mañá).
Consulta as bases e o regulamento nos seguintes enlaces:
Máis información:
981 545822
parlamentoxove.xuventude@xunta.gal