Curso de Monitor/a de tempo libre en Outeiro de Rei

01 Mar 2019

A Oficina de información xuvenil do Concello de Outeiro de Rei organiza un curso formación de Monitor/a de tempo libre, que contará con 200 horas teórico – prácticas que se impartirán dende o 23 de marzo ata o 26 de maio en horario de fin de semana, sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e domingos 9:00 a 14:00 e no periodo vacacional de semana santa.
Unha vez superada a parte teórica realizaranse as 150 horas da parte práctica, o alumno escollerá onde facelas poñendo o Concello a súa disposición a posibilidade de facelas a través do programa de conciliación familiar, campamentos de verán ou outras actividades do propio concello.

O curso será de carácter gratuíto tendo sempre preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fora.

Documentación e requisitos:
Ter cumprido os 18 anos no momento de comenzar o curso.
Estar en posesión do título de Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional ou unha titulación semellante ou superior que supoña a realización previa de algunha destas.
Presentar copia de DNI, e da titulación académica
Dado que o número de prazas e limitado estas cubriranse por orde de solicitude, o prazo de inscripción permanecera aberto do 4 ó 20 de marzo, podendo anotarse nas oficinas da OMIX da Casa da Cultura, poden atopar mais información e as follas de inscrición na web do Concello www.outeiroderei.org  ou chamando o 982 39 34 08.