Premio Comunicar en Igualdade

28 Feb 2019

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca o Premio Comunicar en Igualdade

O obxecto do premio é recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.

O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.

Premio para profesionais do xornalismo
Nesta categoría premiaranse os mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero.

Premio para alumnado universitario
Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso 2018/19.
O premio outorgarase aos mellores traballos de tipo xornalístico segundo criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual. Valorarase que o traballo fora emitido ou publicado nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego durante o ano 2018 e en 2019.
Cada participante poderá presentar un único traballo.

Establécense 3 categorías de premios:
– Un primeiro premio que terá unha dotación económica de 4.000 €.
– Un segundo premio cunha dotación económica de 2.000 €.
– Un terceiro premio cunha dotación económica de 1.000 €.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes para acompañar os traballos están en https://sede.xunta.es co código SI437B
Máis información no DOG do 28 de febreiro de 2019